Promace, trátase dunha asociación que, cada ano, xestiona a talla e comercialización de entre 50.000 e 60.000 toneladas de madeira. A xeración económica que supón a venda desa madeira para os asociados dá boa proba do peso económico da súa actividade na zona. Actividade que desenvolve baixo os máis esixentes estándares de calidade e respecto ambiental. Así o acredita o selo FSC, que garante que os seus produtos proceden dunha xestión racional e responsable da masa forestal na que se conxugan criterios ambientais, sociais e económicos. Un elemento diferenciador que poñen en valor a súa produción.
