Descontento da Alianza polo Rural coas directrices do Plan Forestal

autumn
¿Por que en Chile non se planta?
31/03/2016
sunlight-166733_1280
Guerra de lindes polas novas normas sobre montes veciñais.
01/04/2016
Mostrar todo

Descontento da Alianza polo Rural coas directrices do Plan Forestal

forest

 

A Organización Galega de Comunidades de Montes e a Fruga consideran que se aposta pola produción de madeira de baixo valor engadido. Piden o control da forestación de terras agrarias

A Alianza por un Medio Rural Vivo, colectivo que integran a Organización Galega de Comunidades de Montes, a Federación Rural Galega, o sindicato CIG e a asociación ecoloxista Adega, está a trasladar estos días o seu malestar coas directrices elaboradas polo Consello Forestal para renovar o Plan Forestal de Galicia.

Desde a Alianza, recoñecen que as directrices elaboradas polo Consello Forestal incorporan criterios acertados de xestión sustentable, pero cuestionan tamén partes do documento nas que atopan lagoas e decisións erradas.

O Consello Forestal, un órgano consultivo da Xunta no que participan asociacións de propietarios, organizacións agrarias e outros colectivos da sociedade civil, elaborou durante o último ano unha serie de directrices para renovar o Plan Forestal de Galicia, que data de 1992. Esas directrices serán tidas en conta pola Xunta para darlle forma á proposta final do Plan, que se debatirá no Parlamento este ano.

A Organización Galega de Comunidades de Montes considera que o debate do Consello en torno ás directrices do Plan foi excesivamente guiado pola Administración e que non se tiveron en conta algunhas das reivindicacións que alí se expuxeron.

Biomasa
A Alianza percibe ademais que as directrices do Plan Forestal emanan unha visión forestalista do monte orientada á produción de madeira de baixa calidade. Tanto a Alianza como outras organizacións asinantes dun documento reivindicativo que se lle trasladou á Xunta, caso do Sindicato Labrego ou Ovica, opóñense ós cultivos enerxéticos dirixidos a plantas de biomasa de produción eléctrica.

Os colectivos asinantes son contrarios asimesmo á forestación de terras agrarias e piden unha política forestal que contribúa a adaptar o monte galego ó cambio climático.

Fuente: Campo Galego http://www.campogalego.com/